Grupo dos catro

Membros do G4

O G4 ou Grupo dos catro é unha alianza entre a India, Alemaña, o Xapón e o Brasil, coa intención de dar apoio mutuo ás súas candidaturas a unha cadeira permanente do Consello de Seguridade das Nacións Unidas. A diferenza do G8 ou do G7, no que o denominador común dos membros é a súa economía e os seus obxectivos políticos a longo prazo, o principal obxectivo do G4 é acadar unha representación de tódalas rexións e de tódolos status económicos no Consello de Seguridade.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search